Criptomator é unha aplicación de cifrado transparente para os ficheiros na nube, a cal nos permite cifrar e descifrar calquera tipo de documentos de xeito fácil. Alén de cifrar o contido dos ficheiros, esta aplicación tamén nos permite cifrar o seu nome así como a estrutura de directorios existente no cofre de cifrado para unha maior privacidade. Cryptomator é unha aplicación multiplataforma dispoñible para Windows, Mac OS, GNU/Linux, Android e IOS. A aplicación está liberada baixo GPLv3 e as bibliotecas que emprega por debaixo baixo AGLPv3. A solución ofrecida é libre e de balde pero tamén ofrecen desenvolvementos personalizados e plans de soporte encamiñados a empresas.

Funcionalidades principais:

  • Compatible con calquera servizo de almacenamento na nube que permita a sincronización con directorios locais.
  • Cifrado AES mediante clave de 256 bits.
  • Cifrado de nome de ficheiros.
  • Ocultación da estrutura de directorios.
  • Funcionamento transparente comportándose o cofre de cifrado coma un dispositivo externo extraíble.

Pin It on Pinterest

Share This