CiviCRM é un software de xestión de relacións con clientes (CRM) orientado ao seu uso por parte de organizacións que traballan no eido social. Dispoñible en máis de 20 idiomas, ofrece un gran número de funcionalidades para xestionar a masa social e é altamente personalizable.

Entre os seus módulos principais atopamos:

  • Xestión da base de datos de contactos
  • Rexistro de contribucións
  • Histórico de actividade e comunicacións
  • Envío masivo de correos electrónicos
  • Campañas Peer-to-Peer
  • Xestión de eventos
  • Creación e xestión de campañas

CiviCRM é software libre, liberado baixo a licenza GNU AGPL 3. Pode ser despregado con calquera dos xestores de contidos de software libre máis empregados: WordPress, Drupal e Joomla. A versión dispoñible baixo o CDTIC Virtual está instalada baixo a plataforma WordPress.

CRM para o terceiro sector
O principal atractivo de CiviCRM é que está totalmente pensado para organizacións do terceiro sector (Asociacións, Fundacións, ONGDs, etc) . A xestión de contactos, masa social, doazóns, etc…, características específicas que todas estas entidades teñen que xestionar, está integrada completamente.

Ademais de poder ser despregado nos propios servidores, CiviCRM está tamén dispoñible como servizo na nube, a través de diferentes provedores.

Pin It on Pinterest

Share This