Guacamole é un proxecto de escritorio remoto desenvolvido pola Apache Software Foundation. É un sistema composto por unha parte cliente e unha parte servidor. A aplicación servidor é a que se encarga da autenticación e precisa da instalación en infraestrutura propia ou acollerse a un servizo de terceiros e estar accesible dende a parte cliente.
Características principais:
- Cliente web feito en HTML5 para usar no navegador sen necesidade de instalar ningunha aplicación nin plugin
- Almacén das conexións preferidas cos datos
- Soporte de varios protocolos como VNC, RSP e SSH
- API pública e ben documentada que permite a integración con outros sistemas