Ansible é unha ferramenta de software libre que permite a automatización e simplificacións das tarefas habituais na xestión de infraestruturas informáticas, redes de ordenadores e servidores. Está implementado na linguaxe de programación Python, liberado baixo a licenza GPLv3 e conta con soporte profesional.

Esta ferramenta cae dentro do grupo das chamadas de orquestación xa que ao ser instalado dentro dunha rede de ordenadores permite que algunha das máquinas, definida como a de control controle todas as demais a través do protocolo SSH, permitindo aplicar configuracións a tódalas máquinas ao mesmo tempo, instalar aplicacións, actualizalas ou realizar calquera outra tarefa de mantemento.

Pin It on Pinterest

Share This