Balance do plan de acción 2021

A avaliación das actividades realizadas así como a análise dos obxectivos alcanzados son dous piares fundamentais de toda estratexia de mellora continua. Por esta razón, a AMTEGA vén realizando cada ano estas dúas prácticas como eixo fundamental da súa política de software libre.

Así pois, neste documento preséntase o balance das actuacións para o fomento do software libre desenvolvidas durante o exercicio 2021. Así pois realizáronse 79 actuacións dirixidas tanto á cidadanía en xeral como ao sector empresarial en particular, así como á propia administración pública. Cómpre destacar que parte destas actuacións supuxeron case 25.000 horas de formación en software libre a preto de 17.200 persoas.

No ámbito do tecido empresarial galego, destacar que o Centro Demostrador TIC seguíu a ser o punto de referencia que aglutinou a maioría das actividades de fomento do software libre empresarial, ata a posta en funcionamento do GaiásTech na segunda metade do ano, pasando a asumir esta labor. Así podemos destacar, que case o 90% da súa oferta formativa estivo relacionada con tecnoloxías libres ou metodoloxías ou tecnoloxías TIC de carácter xenérico. Durante o 2021 algo máis de 150 empresas galegas participaron nas ac- tividades desenvolvidas sobre solucións de software libre. Incorporouse unha nova solución ao GaiásTech Cloud, que conta xa cun total de 11 solucións. Pola súa parte dende o portal reforzouse a difusión de solucións TIC, artigos tecnolóxicos, cunha serie sobre ciberseguridade, e entrevistas de casos de éxito de implantación de solucións de software libre en empresas.

No relativo á cidadanía en xeral, podemos destacar que durante este ano mantívose a di- fusión a través do portal Mancomún, con máis de 400 novas publicadas no mesmo. O podcast de Mancomún consolidouse como unha nova forma de difusión, que non deixa de medrar en oíntes. Pola súa parte, grazas á colaboración cos diferentes axentes do software libre de Galicia conseguiuse a realización dun total de 75 actividades ao longo da xeografía galega, duplicando as realizadas no 2020 onde se viran moi reducidas por motivo das restricións fronte á COVID19, e que combinando formatos presencias e online, chega- ron a un gran número de persoas. Todas estas actividades foron de carácter gratuíto e abertas ao público xeral relacionadas con temáticas diversas tanto no ámbito do software como do hardware libre.

Por último, pero non menos importante, destacar no ámbito da administración pública, a liberación de dun novo proxecto como software libre por parte da Xunta de Galicia; a difusión e formación en software libre para o persoal ao servizo da administración así como a evolución continua da plataforma corporativa de desenvolvemento de aplicacións na que maioritariamente se inclúen solucións libres.

Pin It on Pinterest

Share This