Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Descrición dos servizos integrados no portal Mancomún

Dámoslle a benvida ao portal Mancomún

Vostede pode darse de alta como usuario do portal Mancomún a través do seguinte formulario de rexistro.

Se vostede xa ten unha conta de usuario pode acceder dende aquí.

Que servizos integrados lle ofrecemos?

Ao rexistrase no portal Mancomún vai obter unhas credenciais (nome de usuario e contrasinal) que lle van permitir acceder de forma centralizada a diferentes servizos; é dicir, identificándose unha soa vez co seu nome de usuario e contrasinal, terá acceso directo a todos eles.

Nunha primeira fase ofrecémoslle acceso integrado, sen necesidade de autenticarse individualmente, aos seguintes servizos:

  • wiki.mancomun.org.
  • Laboratorio de Mancomún, onde lle ofrecemos, en fase de probas, un Sistema de xestión de proxectos baseado en Redmine, unha ferramenta para axudalo a levar unha eficiente xestión do seu proxecto Software Libre.
  • Portada configurable no portal principal www.mancomun.org.


 Acceso aos servizos integrados de Mancomún

Que significa laboratorio?

O novo servizo redmine ofrécese como un laboratorio para que os nosos usuarios poidades probalos, enviarnos informes de erros, suxestións de melloras, comentarios sobre a súa utilidade, ...

O noso obxectivo é avaliar xunto cos vós se este servizo representan unha mellora respecto dos actuais para en caso positivo planificar unha migración dos mesmos.

Cómpre aclarar que poderá seguir empregando os demais servizos habituais do portal mancomun.org como sempre fixo. É dicir, o acceso á Forxa NON está centralizado polo deberá acceder a ela dende a páxina de acceso da Forxa empregando o usuario e contrasinal que sempre empregou.

Se tiña un usuario no wiki podo acceder xa aos servizos integrados do portal Mancomún?

Si, os usuarios actuais do wiki importáronse directamente posto que o servizo no que se rexistraran integrouse. A vantaxe é que agora tamén terán acceso ao resto de servizos do laboratorio coas mesmas credencias e mediante un único login.

Por motivos de seguridade o contrasinal existente previamente no wiki non pode ser importado, polo que para obter un novo contrasinal de acceso global á plataforma deberá empregar o formulario de recuperación de datos de acceso.

Se tiña un usuario na actual Forxa podo acceder xa aos servizos integrados do portal Mancomún?

Non, os usuarios da Forxa non se importaron directamente ao laboratorio, xa que o servizo no que estaban rexistrados non se integrou.

Se xa tiña usuario no Wiki, pode empregar ese mesmo usuario para acceder a todos os servizos integrados do portal Mancomún e, se non o tiña, pode  darse de alta como usuario a través do seguinte formulario de rexistro.

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia