Novas
- Entrega de premios Sharing and Reuse con varios proxectos españois galardoados [Ler máis…]
- Dispoñibles os recursos das xornadas de Ansible no CNTG [Ler máis…]
- Dispoñibles os recursos das xornadas de clusterización no CNTG [Ler máis…]
- Lanzamento de Google Open Source [Ler máis…]
Formación/Eventos
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
![]() |
![]() |
|
Sentilo no Concello de Barcelona |
Sentilo: Plataforma de Smart City de Software Libre |
|
Sentilo é a plataforma base do proxecto Smart City da cidade de Barcelona, onde se emprega para xestionar os máis de 10.000 sensores que hai a día de hoxe colocados por toda a cidade, e que ofrecen datos sobre iluminación, calidade do aire, acústica, recollida de residuos, trafico, etc…
A súa orientación a ser reutilizado de xeito sinxelo, así como o feito de ser software libre, fai que haxa máis de 50 cidades que ou ben o están a empregar xa ou están en proceso de facelo ou polo menos valorándoo. Moitos concellos próximos a Barcelona xa a están a empregar, así como a Deputación de Barcelona. No estranxeiro destaca por exemplo o caso de Dubai, cidade que emprega Sentilo como motor do seu proxecto de Smart City. |
Sentilo é unha plataforma software que sirve como punto central para explotar toda a información que provén dunha rede de sensores. Está deseñado para encaixar na arquitectura de Smart City de calquera cidade, evitando solucións verticais, de xeito que se poida compartir información entre sistemas diversos e mesmo integrar aplicacións antigas.
Sentilo é software libre, estando liberado baixo as licenzas EUPL e LGPL. Inclúe entre outras cousas:
|
Segue a
![]() |
Jordi Cirera (@CireraJordi) Líder tecnolóxico do proxecto Sentilo no concello de Barcelona e coordinador do proxecto iCity. |