Novas

  • Botan a andar os GPUL Labs na súa edición de 2017 [Ler máis…]
  • O CNTG acollerá no segundo semestre varios cursos de formación sobre tecnoloxías de Software Libre [Ler máis…]
  • Entrega dos premios Sharing and Reuse da Comisión Europea [Ler máis…]
  • A cidade letona de Ventspils leva apostando polo Software Libre dende o ano 2009 [Ler máis…]
  • OpenStreetMap nas Administracións Públicas [Ler máis…]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Caso de éxito de Apache Solr no Concello de Zaragoza

Apache Solr: Motor de busca de Software Libre

O Concello de Zaragoza conta cunha plataforma de goberno aberto con varias patas, todas elas construídas sobre Software Libre, como parte da aposta xeral deste concello por esta filosofía. Entre elas destaca o portal de datos abertos, o cal leva funcionando dende o ano 2010.

O buscador deste portal de datos abertos está feito empregando Apache Solr, que permite ter diferentes buscadores facetados. Este tipo de buscadores permite facer buscas como por exemplo: Obter os campos de fútbol, pero dentro dun barrio concreto da cidade. Os resultados da busca ademais de consultarse directamente no portal, grazas á API que implementa Apache Solr, pode ser consumida dende outras aplicacións en formatos estándar como XML ou JSON, por exemplo.

Apache Solr é unha plataforma de buscas baseada en Apache Lucene, que funcionan como un motor. As súas principais características son as buscas de texto completo, resaltado de resultados, clustering dinámico e manexo de documentos de texto enriquecido. Permite escalar moi ben a través de buscas distribuídas e replicacións de índices, sendo empregado actualmente en moitos dos sitios máis grandes na Internet.

Este proxecto de Software Libre está xestionado pola Fundación Apache, liberado baixo a súa licenza Apache License na súa versión 2.0. Aínda que inicialmente se trataba dunha aplicación que precisaba dun contedor de aplicacións Java para a súa execución, a partir da versión actual, a 5.0, é unha aplicación totalmente autónoma. Na actualidade conta cunha robusta comunidade de desenvolvedores.

Segue a

Ben Balter (@benbalter)
Actualmente coordinador de proxectos en GitHub, apaixonado polo Software Libre, anteriormente vinculado ao Goberno dos EEUU onde participou entre outras cousas na actual Política de datos abertos. Considerada unha das 25 persoas máis influentes en Goberno e Tecnoloxía.

Pin It on Pinterest