Novas

  • A cidade de Roma promulga que todo o novo software adquirido sexa Software Libre [Ler máis…]
  • Bulgaria establece como opción preferente a licenza EUPL para proxectos de código aberto [Ler máis…]
  • Bulgaria, Francia, Reino Unido apoian as políticas de Software Libre da OGP [Ler máis…]
  • Francia e Alemaña fomentan o Open Source na Industria [Ler máis…]
  • Toledo e Chiloeches únense á plataforma Consul de participación cidadá [Ler máis…]
  • O Consell busca software libre para evitar custos en licenzas de Microsoft e Oracle [Ler máis…]
  • Xestor de repositorios REA Agrega 2 [Ler máis…]

Caso de éxito

Proxecto destacado

Caso de éxito de ProduCity en West Carrollton (Ohio)

ProudCity: Portal web para cidades baseado en WordPress

A localidade de West Carrollton, en Ohio (EEUU) e de 13.000 habitantes, foi a primeira localidade en implementar ProudCity como ferramenta para a creación do seu sitio web coporativo.

O proceso de creación deste novo sitio web involucrou a toda a cidadanía, a través de diferentes procesos. En tan só 60 días tiñan unha beta pública que lles permitiu interactuar con todas as partes interesadas ata completar o portal definitivo.

ProudCity é unha plataforma web, creada sobre WordPress, orientada a concellos pequenos con recursos limitados, aos que esta solución lles permite ter un sitio corporativo completo que cubre diferentes aspectos como a e-administración, a participación cidadá, etc…

ProudCity é unha solución de software libre, publicada baixo a licenza AGPL version 3.0, e o seu código fonte está dispoñible na plataforma GitHub.

Segue a

Luke Fretwell (@lukefretwell)
Fundador de GovFresh (portal de novas relacionadas coa administración) e co-fundador e CEO de ProudCity.

Pin It on Pinterest