Zulip 3.0, nova versión da solución de comunicación

Xoves, 30 Xullo 2020

Nova version 3.0 de Zulip (solución de software libre para a comunicación de equipos).

Zulip

Zulip é unha solución de comunicación para equipos, desenvolvida en Python, comezada por unha empresa homónima adquirida por Dropbox no ano 2014 e grazas ao cal foi liberada baixo Apache 2.0.

Esta ferramenta permite tanto a comunicación instantánea, a modo de chat, como asíncrona tendo así en conta as distintas dispoñibilidades dos membros dos equipos de traballo e mantendo a persistencia de todas as mensaxes incluídas as recibidas mentres non se está conectado.

Permite visualizar as mensaxes dun xeito cómodo e organizado en fíos.

Esta solución conta con posibilidades de personalizarse debido as súas APIs, de feito, grazas ás mesmas existen numerosas integracións con outras plataformas como poden ser GitHub ou LDAP. Os usuarios poden instalar o software de servidor na súa propia infraestrutura pero tamén poden usar servizos de terceiros, ou o servizo en Zulipchat.com onde se pode utilizar a subscrición de balde ou un plan de pago con máis espazo e soporte incluído.

Características destacables de Zulip:
Notificacións configurables.
Notificacións integrables con Trac, Nagios, GitHub, Jenkins…
API REST para a integración con outras plataformas.
Chamadas de vídeo a un click empregando Zoom, Jitsi ou Hangouts.
Integración con IRC, Matrix e Slack.
Mensaxes e borradores persistidos.
Usuarios convidados con acceso a grupos determinados.
Procura en todo o histórico de mensaxes.

Novidades destacadas de Zulip 3.0

– Soporte para Ubuntu 20.04.
– Varias optimizacións no tocante ao rendemento: sistema de notificación push, aceleráronse algúns tipos de consultas e mellorouse o rendemento de implementacións grandes con máis 10.000.
– Agregouse a capacidade de mover temas entre transmisións ou publicacións dentro dos temas.
– Novos métodos de autenticación externa para as contas de GitLab e Apple.
– A aplicación de escritorio agora ten a capacidade de autenticarse a través de Google, GitHub e redes sociais utilizando un navegador externo.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal