A empresa española Zentyal anunciou a nova versión Zentyal Server Development Edition 7.0, baseada en Ubuntu Server 20.04 LTS.

Zentyal Server é unha alternativa a Windows Server fácil de utilizar xa que conta con interface gráfica para a administración dun servidor GNU/Linux. É usado principalmente por empresas e administracións públicas como servidor de directorio e dominio ou de ficheiros.

Novidades: Samba 4.11 cambia a forma na que a base de datos Active Directory é almacenada, SOGo 5.0.1 ofrece sincronización con CalDAV, CardDAV, GroupDAV e Microsoft ActiveSync, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This