Xournalpp, software para tomar notas a man

Martes, 10 Novembro 2020

Xournalpp é unha aplicación (de software libre, multiplataforma e gratuíta) coa que poder tomar notas a man para transcribilas a formato dixital de forma sinxela. Está escrito en C++, tomando como base Xournal.

Xournalapp

Con esta aplicación, poderemos:
– Escribir sobre unha tableta dixital para pasar o texto a un documento dixital, aforrando papel e respectando o medio ambiente.
– Tomar apuntamentos sen usar o teclado, totalmente a man para logo podelo editar en calquera programa de edición.
– Podemos facer modificacións a pdf’s.
– Poderemos gardar as notas no formato nativo de Xournalapp ou exportalas a pdf, png e outros.
– Tamén podemos usar o rato para debuxar e tomar notas, pero a forma máis cómoda de usala é con tabletas dixitais.

Outras características:
– Soporte para a presión do lapis óptico nalgunhas tablets (Wacom)
– Funcionalidade de recheo
– Permite asignar diferentes ferramentas e colorees aos botóns do lapis óptico ou botóns do rato
– Barra lateral con vistas previas de páxinas con clasificación avanzada de páxinas, marcadores e capas de PDF (pódense ocultar individualmente, pódese seleccionar a capa de edición)
– Soporte de LaTeX
– Conta con aplicación móbil (Android) e aplicación web (con algunha das funcionalidades)

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal