O próximo xoves 13 de xuño, terán lugar dúas xornadas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía:

DevOps de microservizos con Red Hat OpenShift

O xoves 13 de xuño, de 10:00 a 14.00 horas.

Esta xornada ten por obxectivo explicar os fundamentos técnicos básicos e proporcionar os coñecementos necesarios para empezar a traballar coa ferramenta OpenShift de Red Hat, plataforma de despregue de aplicacións que está revolucionando o mercado.
Nesta xornada falarán da súa arquitectura e compoñentes para saber despregalo e empezar a utilizalo.

Temario

– Introdución
– Que é OpenShift?
– O mundo dos contedores en Linux
– Docker, que é?
– Kubernetes, Docker orquestrado
– OpenShift, o PaaS a un novo nivel
– Instalación
– Instalar Docker
– Instalar o cliente de OpenShift
– Arrancar un clúster
– Integrar DevOps con OpenShift
– Repositorio de contidos con control de versións
– Uso básico do GitCreación dun proxecto, código e contorna DEV en OpenShift
– Despregamento do código e CI/CD  con OpenShift
– Creación da contorna PROD en OpenShift
– Promoción dunha aplicación entre diferentes contornas

Profesorado

Juan Antonio Coello, instructor oficial de Red Hat (RHCi), conta coas certificacións oficiais de Red Hat Certified Enginer, Red Hat Certified Specialist in OpenShift Development and Administration e Red Hat Certified Specialist in Ansible. Docente en Edustance SL, con ampla experiencia en formación.

Inscrición

Curso gratuíto pero é necesaria a inscrición previa, que se pode realizar en liña a través do portal web do CNTG.
Máis información

Systemd, o novo estándar de xestión de procesos linux

Tamén será o xoves 13 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30 horas.

Autoría imaxe: Shmuel Csaba Otto Traian, Components of en:systemd CC-BY-SA 3.0

A xornada ten por obxectivo coñecer as características do novo sistema systemd, o novo estándar de xestión de procesos de Linux, entender a súa arquitectura e as posibilidades ao extraer todo o seu potencial, así como aprender as claves na xestión dos procesos con systemctl.
Systemd é un conxunto de demos ou daemons de administración de sistema, bibliotecas e ferramentas deseñadas como unha plataforma de administración e configuración central para interactuar co núcleo do Sistema operativo GNU/Linux.

Temario

– SysV como sistema de xestión de procesos clásico: vantaxes e debilidades
– SystemD: unha novo paradigma
– Características e estrutura de SystemD
– Diferentes escenarios de aplicación

Profesorado

Enrique Castillo, instrutor certificado polo Linux Professional Institute, profesor titular en Factor Humano Formación – Escuela Internacional de Postgrado, con máis de 15 anos de experiencia no mundo IT, consultoría de software libre e instrutor en Linux.

Inscrición

Xornada gratuíta pero con aforo limitado, polo que é necesaria a inscrición previa que se realizará en liña a través do portal web do CNTG.
Máis información

Pin It on Pinterest

Share This