Os días 29 e 30 de maio, terá lugar as xornadas de SIG libre, sendo segundo as propias palabras dos organizadores:

Punto de encontro entre as persoas que comparten un mesmo interese: o uso e a promoción dos sistemas de información xeográfica libres e os datos abertos no ámbito da empresa, a Universidade e a Administración pública.

Xornadas SIG libre

Tamén definen o evento como un espazo de aprendizaxe onde compartir e intercambiar experiencias de casos prácticos e mostrar as novidades no contexto das tecnoloxías xeoespaciais de código aberto.
A sede do evento será a Facultat de Lletres i de Turisme do Campus Barri Vell da Universitat de Xirona, situada en pleno casco antigo da cidade. Esta facultade é tamén a sede do Servizo de Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección (SIGTE) da Universitat de Xirona (organizadores do evento).

Mapa Xornada SIG libre

Programa de actividades

Podedes consultar o extenso programa das xornadas na web oficial de SIG libre, onde veredes que consta dunha gran cantidade de relatorios e charlas plenarias, ao longo dos dous días do evento.

Relatorios plenarios

Ao final da última xornada, tamén terá lugar unha Mapping Party e unha visita guiada nocturna.

Pin It on Pinterest

Share This