Xornadas formativas sobre LibreOffice na aula CeMIT de Boiro

Luns, 24 Outubro 2022
Xornadas formativas sobre LibreOffice na aula CeMIT de Boiro

No mes de novembro, na aula CeMIT do Concello de Boiro, está previsto o desenvolvemento de xornadas formativas sobre competencias dixitais en ofimática con LibreOffice (Writer, Calc, Base e Impress) entre o 7 e o 30 de novembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

LibreOffice

img

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Inscrición

As inscricións pódense levar a cabo de maneira presencial na Aula CeMIT (edificio do Centro Social de Boiro), no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal