Durante setembro, nas instalacións da Industriosa van probar un novo tipo de actividade “As xornadas abertas”.

Coa idea de que outra xente interesada poida visitar A Industriosa os sábados de setembro, de 11.00 a 14.00 horas, e poder ver que fan os socios, incluso poñerse a botar unha man se algún se anima.

Proxectos

Algúns dos proxectos nos que están traballando actualmente os socios da Industriosa no local e poderedes ver son:

● Sistema de apertura remota e autenticada do local de A Industriosa.
● Máquina recreativa retro-gaming baseada en SW libre (libretro, libGDX, retroarch…).
● Barco autónomo a escala, empregando proxectos de Software Libre como OpenCV, GNU/Linux, Ardupilot…
● Proxectos educativos de programación de placas de desenvolvemento en uPython.
● Proxecto para o desenvolvemento de sensor CO2 Open Source baseado no proxecto CO2box:
https://github.com/felixgomez/co2box.
● Desenvolvemento de OpenPipe v2, instrumento musical MIDI OpenHardware.

Inscrición

Calquera persoa é benvida. Os menores de idade deberán contar coa presenza dun adulto responsable. Debido as restricións de aforo, é necesario avisar e apuntarse con antelación no meetup da Industriosa que crearon para tal fin.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This