Xornada “Uso de las Tecnologías Libres de Información Geográficas en Educación Básica”

Martes, 23 Marzo 2021
Xornada “Uso de las Tecnologías Libres de Información Geográficas en Educación Básica”

Os días 12 e 13 de maio de 2021, a rede GeoLIBERO convida a participar das Xornadas denominadas “Uso de las Tecnologías Libres de Información Geográficas en Educación Básica – experiencias iberoamericanas”.

Presentaranse comunicacións referidas ao uso de Tecnoloxías Libres de Información Xeográfica en Educación Básica, co fin de dar a coñecer experiencias, investigacións, proxectos e accións levadas a cabo, en curso ou planificadas, na rexión iberoamericana.

Obxectivos

– Coñecer experiencias iberoamericanas de uso das Tecnoloxías Libres de Información Xeográficas en Educación Básica
– Intercambiar coñecementos e aprendizaxes entre a comunidade iberoamericana achega do uso destas tecnoloxías como ferramentas de ensino pre-universitaria
– Presentar as experiencias en Uruguai da iniciativa Curso-Concurso Proxectos de traballo con estudantes e gvSIG Batoví
– Potenciar sinerxias entre os participantes que permitan o desenvolvemento de proxectos colaborartivos a futuro
– Ser un evento importante para a “Línea de Investigación en Educación do proxecto GEOLibero”, que patrocina o evento

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal