Xornada software e cultura libre 2022 en Mugardos

Mércores, 5 Outubro 2022
Xornada software e cultura libre 2022 en Mugardos

O sábado 29 de outubro terá lugar a “Xornada software e cultura libre 2022” en Mugardos, organizada pola Asociación Comunidade O Zulo.

Na edición de 2022 pretenden dar un novo pulo ó evento abrindo o proceso de envío de propostas para os relatorios. O prazo de envío de propostas está aberto ata o 8 de outubro.

logo

Podes enviar a túa proposta a través desta ligazón.

Temática

A temáticas das xornadas é moi variada. En liñas xerais agardamos propostas relativas a definición de software libre de FSF ou á definición de OSI de Open Source, ademais de presentación de proxectos e colectivos vencellados á cultura libre e en Galego. A nosa proposta acerca de temática para a edición deste ano é:

– Hardware e cacharreo.
– Linux e distribucións.
– Multimedia, vídeo, podcast ou radio.
– Patrimonio cultural.
– Presentación de proxecto, asociación, colectivo ou evento.
– Seguridade, redes ou hacking.
– Tradución e localización.
– Web / tecnoloxías web.
– Xeolocalización / mapas.
– Software libre. Difusión e /ou casos de uso.

img
Young beautiful girl holding a green bubble for text, isolated on a white background

Pretendemos manter as xornadas e actividades da asociación como un foro neutro en relación a intereses comerciais. Como normal xeral, non aceptaremos propostas que promocionen especificamente unha oferta ou relación comercial.

Formatos

Desde a asociación propoñemos dous formatos:

– Microrelatorio: Entre 10 e 15 minutos para comentar de xeito áxil calquera tema dentro da temática das xornadas.
– Relatorio: 30 minutos para explicar, comentar, amosar ou presentar a o teu proxecto, tecnoloxía ou calquera tema de interese no mundo do software e cultura libre.

Libre non é gratis

Na asociación temos moi claro que a diferencia entre libre e gratis. Tamén que Mugardos non é o centro do Universo por iso, se o teu relatorio resulta finalmente elixido recibirás unha achega económica para financiar a túa viaxe e comida na xornada.

Esta xornada forma parte das actividades que Asociación Comunidade O Zulo realiza no marco do convenio asinado co Concello de Mugardos para o ano 2022.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal