O xoves 20 de xuño, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar a xornada sobre “Software libre e a liberdade de elección tecnolóxica” no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

Hoxe en día dependemos de moitos dispositivos tecnolóxicos, sen os cales non poderiamos traballar, gozar do lecer ou comunicarnos. Estes dispositivos necesitan dun software para funcionar que, en gran medida, está xestionado por grandes empresas que nos atan a elas, obrígannos a un pago de licenzas e a un monopolio de produtos que non sempre cobren as nosas necesidades.
Se podemos elixir os nosos dispositivos, por que non escoller tamén o software que executamos neles?

Cada vez máis, o software libre é a resposta.
A xornada ten por obxectivo coñecer as diferenzas entre o software libre e o propietario, entender as claves das licenzas libres e descubrir as posibilidades existentes de software libre para todo tipo de dispositivos e funcións.

Contidos da xornada

– Diferenzas entre as licenzas tradicionais e as libres
– O software como ferramenta crave nas nosas día a día
– Aplicacións, usos e vantaxes do software libre
– Exemplos de aplicación do software libre no noso día a día

Relator

Enrique Castillo, instrutor certificado polo Linux Professional Institute, profesor titular en Factor Humano Formación – Escuela Internacional de Postgrado, con máis de 15 anos de experiencia no mundo IT, consultoría de software libre e instrutor en Linux.

Inscrición

A xornada é gratuíta pero é necesaria a inscrición previa. O prazo de inscrición, aberto ata o día 19 de xuño, pódese facer a través desta ligazón.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This