Xornada sobre contornos de desenvolvemento con Docker e Vagrant

Luns, 19 Abril 2021
Xornada sobre contornos de desenvolvemento con Docker e Vagrant

Organizada polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), o día 30 de abril de 9:30 a 13:30 horas terá lugar en modalidade virtual unha Xornada sobre Ferramentas Devops: contornos de desenvolvemento en local con Docker e Vagrant”.

Nesta xornada verase a automatización de contornos locais de desenvolvemento con estas tecnoloxías.

O relator será Alberto García, instrutor certificado en Linux, con mais de 15 anos de experiencia no mundo IT e máis de 10 anos como instrutor en Linux.

Temario

1) Automatización de contornos con Vagrant, para desenvolvemento en local.
• Que é Vagrant
• Configuracións en Vagrant
• Boxes
• Nating de portos en Vagrant
• Redes en Vagrant
• Sincronización de carpetas
• Snapshot Vagrant
• Contornos multimáquina con Vagrant
• Aprovisionamento con Vagrant
• Ansible
• Shell

2) Automatización de contornos con Docker, para desenvolvemento en local.
• Que é Docker
• Conceptos
• Comandos en Docker
• Traballando con imaxes
• Redes en Docker
• Persistencia de datos en Docker
• Docker Compose
• Ingress en Docker
• Portaine

Inscrición

A inscrición pode realizarse a través desta web. O CNTG facilitará os correos electrónicos das persoas inscritas á empresa organizadora da xornada, para que esta poida crearlles e comunicarlles enlaces de acceso á sesión.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#PlanDeAccion #IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal