Xornada sobre automatización con Ansible no CNTG

Venres, 28 Xuño 2019

Co obxectivo de proporcionar os coñecementos técnicos básicos para empezar a traballar con Ansible, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organiza o próximo 3 de xullo de 2019, en horario de 16:00 a 20:00, unha xornada sobre os fundamentos de automatización con Ansible.
Ansible é unha plataforma de software libre, para a automatización, configuración e administración de computadoras.


Combina instalación multi-nodo, execucións de tarefas ad hoc e administración de configuracións.  Dispón de módulos que traballan sobre JSON e a saída estándar pode ser escrita en calquera linguaxe. A plataforma foi creada por Michael DeHaan.
Neste evento poderase descubrir a súa arquitectura, compoñentes e aprenderase a despregalo e utilizalo.

Principais características de Ansible

Aprovisionamento

Con Ansible pódense aprovisionar as últimas plataformas na nube, hosts virtualizados e  hipervisores, dispositivos de rede e servidores físicos.

Xestión da configuración

Establece e mantén o rendemento do produto, ao rexistrar e actualizar a información que describe o software e hardware dunha empresa.

Control de aplicacións

É posible levar un control de todo o ciclo de vida dunha aplicación. Desde desenvolvemento ata produción.

Seguridade e Cumprimento

Permite definir as seguridade nos sistemas de forma sinxela.

Orquestración

Pode orquestrar desenvolvementos.

Relator

A relatora da xornada será Montserrat Alonso, con certificación RHCi como formadora oficial de Red Hat. Conta ademais coas certificaciones oficiais de Red Hat Certified Enginer, Red Hat Certified Specialist in OpenShift Development and Administration e Red Hat Certified Specialist in Ansible.
Desempeña o seu labor de docente en Edustance SL, especializada en formación TI para empresas dende 2002, tanto en formato presencial como en formato virtual.


Temario

Introdución

Características de Ansible
Orientación á Infraestrutura como Código
Contornas Linux (ssh) e Windows (winrm)
Módulos e plugins
Opensource, Python based

Instalación

Requisitos do controller
Instalación (CentOS)
Requisitos do host (Windows, Linux, outros)

Anatomia de Ansible

Estrutura de cartafoles
Ficheiro ansible.cfg
Inventario
Demostración

Modulos

Visión xeral
Axuda
Ansible-doc
Web
Módulos frecuentes: ping, win_ ping, setup, “win_ setup” e outros
Demostración

Ad-hoc

Primeiros pasos (uso de módulos frecuentes)
Demostración

Playbooks

Yaml
Demostración

Variables

Onde definilas
Como invocalas
Demostración

Condicionais

Uso de “when”
Demostración

Loops

Uso de “loop”
Demostración

Inscrición

O acceso é gratuíto, pero é necesaria a inscrición previa por motivos de aforo, que se realizará en liña a través do portal web do CNTG.
Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal