Xornada sobre a plataforma eBox no CNTG

Mércores, 24 Marzo 2010

Logo do CNTGO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia organiza para o vindeiro día 15 de abril de 2010 unha Xornada sobre a plataforma eBox, dentro das súas actividades formativas dirixidas a profesionais desempregados ou ocupados, tanto do sector público como privado, que teñan responsabilidades, exerzan e/ou orienten a súa actividade como técnicos no eido da administración de sistemas.

Logo de eBoxO relator do evento será D. Jorge Salamero, desenvolvedor e analista de sistemas eBox. Con anterioridade a súa entrada en eBox Jorge Salamero traballou na universidade de Zaragoza como administrador de sistemas, desenvolvedor Linux e responsable da comunidade universitaria de software libre. Na actualidade compaxina as súas tarefas en eBox coas de desenvolvedor Debian.

O contido da xornada incluirá unha breve introdución sobre a plataforma eBox para, a seguir, presentar a súa potencialidade e funcionalidade como servidor de oficina, en concreto LDAP e Samba. 
A plataforma eBox, é un servidor Linux dirixido á pequena e mediana empresa que pode actuar como pasarela de rede (gateway), xestor unificado de ameazas de seguridade (UTM), servidor de oficina, xestor da infraestrutura de rede, servidor de comunicacións unificadas ou unha combinación de todas elas.

O programa da xornada é o seguinte:

Introdución

  • O proxecto eBox Platform
  • eBox Technologies e eBox Services
  • Instalación de eBox 1.4

eBox Office

  • Xestión de usuarios e grupos
  • Configuración de recursos compartidos
  • Configuración de clientes windows e linux
  • Listas de acceso (ACLs) e cuotas
  • Configuración de papeleiras
  • Configuración de PDC
  • Configuración de clientes windows nun dominio
  • Política de contrasinais
  • Roaming profiles

A asistencia a esta xornada é de balde e limitada ao aforo do local. A xornada terá lugar o día 15 de abril de 2010 nas instalacións do CNTG ás 16:30 cunha duración de 3 horas. Para asistir só é preciso rexistrarse na web do CNTG, e logo inscribirse dende a ficha da xornada na sección acontecementos.

Fonte: CNTG

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal