Xornada informativa sobre a aceleradora de proxectos Finodex

Luns, 27 Outubro 2014

Logo de FinodexEste mércores 29 de outubro, de 9:00 a 14:00 horas, celebrarase a primeira xornada informativa sobre a aceleradora de proxectos Finodex, organizada por AGASOL en colaboración con ASOLIF no Centro de Novas Tecnoloxias de Galicia de Santiago de Compostela.

Durante esta xornada presentarase que é Finodex e as condicións da primeira convocatoria de financiamento de proxectos innovadores. De forma moi resumida Finodex ten como obxectivo a xestión dun fondo de 4,64 millóns de euros destinados ao apoio de pemes e persoas emprendedoras con ideas de proxectos relacionados con aplicacións, produtos e servizos de datos abertos empregando a plataforma aberta FIWARE.

Esta xornada en definitiva tratará de achegar ás pemes e persoas asistentes a información sobre como poder presentar os seus proxectos e ideas innovadoras a esta convocatoria e acadar así o apoio económico que precisan para sacalo adiante.
A asistencia a esta xornada informativa é totalmente gratuíta, sendo preciso un rexistro previo para o control do aforo a través da páxina habilitada pola organización.

A axenda é a seguinte:

  • 09:30 – 09:45 Mensaxe de benvida. J. Manrique López – Xerente de ASOLIF – Membro del equipo de proxecto FINODEX. Luis Alberto Fernández – Xerente de AGASOL
  • 09:45 – 11:00 PPP de Internet do Futuro, a plataforma FIWARE e algúns exemplos
    • Felipe Xil – Responsable de FIWARE en Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia
    • Xabier Chao García – Wadjet / Funding Box
  • 11:30 – 12:30 Datos abertos. Representante do Cluster TIC Galicia
  • 12:30 – 13:00 FINODEX – 1ª convocatoria. J. Manrique López – Xerente de ASOLIF – Membro del equipo de proxecto FINODEX
    • Presentación xeral do proxecto e esquema de financiamento
    • Presentación da operativa de avaliación
    • Como presentar unha proposta
    • Servizo de pre-proposta
  • 13:00 – 13:10 Despedida e peche. J. Manrique López – Xerente de ASOLIF – Membro del equipo de proxecto FINODEX
  • 13:10 – 14:00 Bilaterais con ideas de proxecto. Como servizo para aqueles que queiran cotexar a súas ideas co equipo de proxecto, habilitouse ata o pasado 24 de outubro a posibilidade de concertar breves entrevistas de 5 minutos de duración co equipo FINODEX.

Aqueles que non teñan concertado esta minientrevista poden igualmente enviar a súa proposta ou idea de proxecto vía email (pre-proposal@finodex-project.eu) incluíndo unha descrición da idea de proxecto de como moito 1 páxina de extensión (en inglés) e serán respondidas vía email.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal