Despois da “I Xornada de Cociña Libre” organizada pola Asociación Comunidade O Zulo (interesante evento tecnogastronómico que tivo lugar o 30 de novembro), a xente do Zulo volve á carga coa “Xornada de Software e Cultura Libre” o próximo 7 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Xornada de Software e Cultura Libre

Esta xornada vense celebrando desde o ano 2003 en Mugardos, organizada sempre pola Asociación Comunidade O Zulo.

Nesta ocasión, buscan dar a coñecer ao público asistente técnoloxías web de fontes abertas como Joomla, Drupal, Scrapy ou Leaflet.

Interoperabilidade, mapas libres, accesibilidade e extración de contidos serán os temas dos que falarán nesta xornada.

Esta actividade está financiada polo Concello de Mugardos dentro do convenio asinado coa Asociación Comunidade O Zulo en Outubro de 2019.

Lugar do evento

A xornada celebrarase no salón de plenos do Concello de Mugardos (Avenida de Galicia 45 – 15620 Mugardos – A Coruña)


Ollar un mapa máis grande

Programa

10.00 – Recepción e benvida
10.30 – Rest en tempos de Drupal – Alberto Permuy
11.15 – Leaflet en tempos de Rest – Christian López
12.30 – Web scraping : extraer datos de sitios web – Adrián Chaves
13.15 – Accesibilidade web: creando webs para todos – Pablo Arias

Inscrición

A entrada é de balde pero é necesario inscribirse nesta ligazón.

Contacto

O xeito máis rápido de contactar é enviando un email a:
asociacion ( @ ) comunidadeozulo.org

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This