A xornada centrarase nos aspectos empresariais relacionados co [[Open Source]] e tentará achegar experiencias exitosas aos asistentes e modelos de negocio posibles. A xornada está orientada a empresarios e profesionais das novas tecnoloxías e terá lugar o xoves 13 de xullo ás 17 horas no auditorio da Zona Franca de Vigo.

 
INEO achega ás empresas do sector TIC a visión de tres expertos sobre os retos que trae consigo o Software Libre desde o punto de vista empresarial e de xeración de negocio.

O acto contará coa presenza de José María Olmo, director de operacións e fundador de Andago, empresa madrileña que é unha referencia nacional no emprego do Software Libre, Óscar Sacristán, de Alfa 21, empresa coruñesa especializada no desenvolvemento de redes baseadas en Unix/Linux, e Antonio Pérez Casas, asesor da Consellería de Industria e Innovación para a sociedade da información e experto en software libre, ademais de ser o coordinador da iniciativa galega polo software libre mancomun.org . Moderará Javier García Tobío, director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Pin It on Pinterest

Share This