A asociación Ghandalf, impartiu aos rapaces do CEIP Virxe do Carme de Sober unha “Xornada de Cartografía Colaborativa con Drons”, o pasado 3 de maio.
Pablo Sanxiao, relator da xornada e membro de Ghandalf e Xeoinquedos, comenta que a idea da xornada foi:

“Introducir aos rapaces no mundo da cartografía colaborativa da man do proxecto OpenStreetMap e mostrarlles como os drons poden axudar nesta tarefa de cartografar o mundo empezando polo sitio onde vivimos”

composición

A xornada estivo estruturada en varias partes, comenzando por repasar conceptos básicos sobre os mapas, deixando que primeiro as rapazas e rapaces debuxasen un mapa de Sober e utilizándoo para ver outros conceptos a través de varios exemplos.

Continuaron vendo como a tecnoloxía vai mudando a forma de facer os mapas e puxérono en práctica facendo un voo cun dron para obter unha ortofoto sobre a que poder cartografar as zonas de Sober mediante OpenStreetMap (OSM). Para as labores da xeración da ortofoto, empregaron o proxecto de software libre WebODM.

vo-dron

Xa de volta na aula, as rapazas e rapaces aprenderon como meter a información en OpenStreetMap, empregando como base a ortofoto que fixeran co dron, para así colocar no mapa os sitios máis importantes do concello, xeorreferenciaron a escola, o Centro de Saúde, o Concello, as farmacias da vila, o banco e algunha estrada.

mapeando-osm

Ademais, Pablo Sanxiao pasou polos estudos de Radiuvín, onde os pequenos reporteiros lle fixeron unha entrevista para saber máis sobre el e sobre todos estos temas.

Gravación

foto-grupo

Pin It on Pinterest

Share This