Este vindeiro sábado van ter lugar diferentes actividades, tanto de carácter técnico como divulgativo daquelas ferramentas que estánse a empregar en abeancos.gal. Xa para o domingo, farese unha visita guiada a diferentes elementos que xa foron catalogados, e que se atopan no Concello de Toques.

Unha fin de semana onde se darán cita diferentes colectivos que achegarán o seu coñecemento e colaboración ao proxecto abeancos.gal, como XeoInquedos, Galpon e Xeopesca.

Despois de máis dun ano de traballo, e grazas ao esforzo dos voluntarios e do equipo de traballo liderado por MeLiSA e o Museo da Terra de Melide, poden consultarse os datos de preto de 100 elementos, cifra que se alcanzará nos próximos días.

O proxecto abeancos.gal nace no ano 2016 a partir dunha réplica do proxecto aculturadaauga.org, creado pola Comunidade O Zulo de Mugardos. Neste caso, o obxectivo foi crear un catálogo dixital e aberto de elementos patrimoniais localizados na área da Comarca da Terra de Melide.

Programa das xornadas

Lugar: Telecentro Clun (Coop. Melisanto). A Codeseira. Localización

Sábado, 8 xullo:

  • Grupo de traballo OpenStreetMap
  • Grupo de traballo para documentación
  • Grupo de traballo Drupal

Domingo, 9 xullo:

  • Excursión a Toques (San Antolín e A Moruxosa). Visita guiada por Cris e Xurxo (Museo Terra de Melide)

Esta xornada forma parte das actividades que MeLiSA realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This