Xfce 4.18, novidades na contorna de escritorio

Xoves, 22 Decembro 2022

Xfce 4.18, nova versión da contorna de escritorio que recolle todas as melloras lanzadas ao longo destes últimos meses.

captura

Xfce 4.18

– Permite ocultar a opción de borrar do menú contextual do escritorio, así como pide confirmación para reordenar os arquivos.
– Fusión dos complementos de data e reloxo nun único.
– Mellora da vista de lista en Thunar, onde se mostran as vistas previas, opción de desfacer e refacer operacións básicas, resaltado de arquivos específicos con cores personalizadas e procura recursiva en directorios.
– Mellora da procura, coa opción de procura recursiva en Thunar.
– Personalización da barra de ferramentas e os botóns que se mostran nela.
– Novo editor de accesos rápidos de teclado.
– Melloras en Tumbler (administrador de miniaturas de arquivo) e mellora no soporte de escalado en pantallas HDPI, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal