Xfce 4.16, nova versión deste escritorio lixeiro

Luns, 4 Xaneiro 2021
Xfce 4.16, nova versión deste escritorio lixeiro

Xfce 4.16, nova versión estable dun dos escritorios lixeiros máis populares en GNU/Linux. Destaca a migración a GitLab, coa que esperan facilitar a incorporación de novos contribuidores ao proxecto.

Xfce 4.16

Novidades destacadas:
– Nova identidade visual do escritorio, máis cohesionada en todas as súas partes. Novo tema de iconas e adoptaron unha paleta de cores consistente para toda a contorna.
– Abandono do soporte de GTK2, comeza o proceso de adopción do CSD de GTK3.
– Múltiples melloras no xestor de xanelas, soporte de escalado fraccional para pantallas HiDP.
– Melloras de usabilidade no apartado de preferencias.

O traballo desta versión, consistiu en dar pequenos retoques e engadir e pulir pequenos detalles, dando lugar a unha mellor experiencia de usuario.

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal