Un estudante da Escola de informática de Ourense chamado Toni Martínez, anuncia o lanzamento dunha aplicación Software Libre para xestionar e organizar documentos. Esta xestión de documentación ofrece funcionalidades como categorías de documentos, tipos de documentos, autores, usuarios e grupos de usuarios.
A aplicación utiliza como fonte de procura, os ficheiros definidos no estándar Open Document (ODF) aínda que o autor comenta que ten prevista a adaptación doutros tipos de documentos baixo estándares abertos.

O autor comenta na páxina do proxecto: “O xestor está baseado en XML, utilizando unha base de datos XML. Cada documento que compón o xestor é almacenado xunto co seu respectivo ficheiro XML que contén todo o contido informativo…”

Fonte:  gestorxml.net

Pin It on Pinterest

Share This