Organizado por AGASOL, o 17 de Xuño de 2022, en horario de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar a charla sobre “Xestión integral dunha peme con Software Libre: Odoo ERP” en formato streaming no GaiásTech.

Dirixido a microempresas e pemes de compra-venta en xeral interesadas en mellorar o tratamento dos datos xerados ó longo da súa actividade loxística-empresarial, co fin de mellorar a sua xestión diaria e permitir unha mellor toma de decisións.

Porque o entorno OdooERP permite a xestión integrada e completa en pequenas empresas da xestión da parte comercial e administrativa (Ventas, Facturación, Contabilidade) e da xestión loxística (Almacéns, Compras), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación as necesidades propios de cada empresa).

PROGRAMA

– Presentación práctica dos módulos de Odoo ERP para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha peme.
– Explicación do funcionamento básico de módulos de Odoo: CRM, Ventas, Almacén, Compras, Facturación
– Quenda de preguntas

IMPARTE

Anubía

Empresa formada por enxeñeiros industriais, economistas e enxeñeiros informáticos, o que lles posibilita ter unha visión global de calquera empresa (servizos, distribución e fabricación) e entendela, tanto desde o punto de vista funcional como técnico, e achegar valor como especialistas en Odoo e como consultores. Con isto facilítanlles aos seus clientes melloras en procesos, eficacia e eficiencia.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This