Xestión de servizos de tecnoloxías da información co novo GLPI 9.5 no CDTIC

Martes, 20 Outubro 2020

O 23 de outubro, de 10:00 a 10:45 horas, terá lugar exclusivamente por streaming a charla “Xestión de servizos de tecnoloxías da información co novo GLPI 9.5. TIC.gal”

Porque xestionar o ciclo de vida dos activos é crítico para a túa organización. Ademais integrar a xestión dos activos, coas peticións derivadas das mesmas: solicitudes, incidencias, problemas ou cambios, permite organizar os fluxos de traballo e as persoas optimizando o seu rendemento.

Charla pensada para empresas ou organismos con parque informático superior a 50 equipos ou que manteñan parques informáticos para terceiros.

Programa

– Visión xeral de GLPI. En que pode axudar á túa empresa.
– Xestión de servizos de tecnoloxías da información con GLPI.
– Inventario informático e (CAU) Centro de Atención a Usuarios cunha óptica ITIL.
– Novidades en GLPI 9.5:
Dashboard integrado.
Diagrama de impactos.
Xestión de proxectos con Kanban.
Marketplace.
Nuevo planning.
Outras novidades.

Inscrición

Podedes facer a inscrición a través desta ligazón.

Organizan

Amtega, TIC.gal e Agasol

Imparte

TIC.gal

Empresa especializada en software de xestión de servizos TI (ITSM) con orientación ITIL: inventario de equipamento informático e soporte técnico (service desk).
Outros servizos: seguimento e inventarios de calquera tipo de activo.
VTA: Arboricultura. Inventario de árbores e realización de EVA (VTA).

Agasol (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)

Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información na web do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal