Xestión avanzada do portapapeis con CopyQ

Martes, 16 Abril 2019

O xestor de portapapeis avanzado CopyQ publica a nova versión 3.8.0.

Por defecto, o portapapeis só ten espazo para un elemento pero é posible melloralo notablemente co uso de CopyQ que vai gardando todos os elementos que se copian no seu editor, podendo acceder a eles máis tarde e incluso adaptalos para as nosas necesidades.

CopyQ é un xestor de portapapeis de código libre e aberto, multiplataforma (GNU/Linux, Windows e MacOS) e que conta con moitas funcións como:

  • Copia imaxes, texto, código HTML e outros formatos personalizados.
  • Permítenos buscar elementos no historial.
  • Interface baseada en lapelas que permite mover elementos dunha a outra.
  • Podemos engadir notas ou etiquetas aos elementos que copiamos.
  • Atallos de teclado personalizables.
  • Interface completamente personalizable.
  • Podemos programar scripts para CopyQ.

Captura de CopyQ

Novidades da versión 3.8.0

  • A configuración personalizada dos scripts agora gárdase en copyq-scripts.ini.
  • Novas funcións de script onStart, onExit, pointerPosition e setPointerPosition.
  • Detecta a codificación doutros formatos de texto.
  • Inicio da aplicación máis rápido, ocupando menos memoria.
  • Corrección de diferentes erros.

Máis información: https://copyq.readthedocs.io/en/latest/

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal