O vindeiro sábado 14 de Outubro, XeoPesca, en colaboración con Recuncho-Maker, organiza un evento máis para promocionar e divulgar o software e o hardware libres. Desta volta trátase do Biblioteca de Hardware Libre, orientado ao emprego de Arduino e Raspberry Pi. O obxectivo da xornada é compartir experiencias co uso de hardware libre e axudar ás persoas que se acheguen a iniciarse na elaboración de proxectos con esta tecnoloxía para o que se lles prestarán Arduinos e Raspberrys para que poidan aprender e colaborar coa comunidade.

Mais non só é para inciarse senón tamén para aqueles que queiran afondar nos seus coñecementos e trebellar en compañía e colaborando coa comunidade, para eles dende a organización proporá diferentes problemas para que os participantes poidan afianzar a súa sabiduria co hardware libre.

A cita será de 10:00 e 13:30 horas no Centro Sociocultural de Caramoniña, onde poderemos desfrutar do préstamo do mencionado hardware para iniciármonos ou afondar, no caso de xa ter experiencia, no mundo do hardware libre nun ambiente amigable e colaborativo.

Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente no seguinte formulario.

Actividades realizadas por Xeopesca ao abeiro da Amtega

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This