Mancomún

Xen 4.15, melloras en ARM

Luns, 26 Abril 2021
Xen 4.15, melloras en ARM

Nova versión do hipervisor Xen 4.15 (monitor de máquina virtual de software libre desenvolto pola Universidade de Cambridge).

Novidades: nos procesos Xenstored e Oxenstored engadiuse soporte experimental para actualizacións en vivo. Para a plataforma ARM, posibilidade experimental de executar modelos de dispositivos no lado do sistema host dom0.

Agregouse a capacidade de usar o mecanismo de seguimento de hardware IPT (Intel Processor Trace). Soporte para contornas Viridian (Hyper-V) para executar convidados de Windows utilizando máis de 64 CPU virtuais e redeseño da capa PV Shim utilizada para executar convidados paravirtualizados (PV) non modificados en contornas PVH e HVM.

Continúa o traballo na implementación dun porto Xen para procesadores RISC-V.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal