O acceso á Wikipedia en Turquía está sendo restaurado. O Tribunal Constitucional de Turquía declarou que o bloqueo imposto á Wikipedia polo goberno turco durante máis de dous anos e medio era inconstitucional.

“En Wikimedia temos o compromiso de protexer o dereito fundamental de todo o mundo para acceder á información. Entusiásmanos compartir este importante momento coa nosa comunidade de contribuíntes en Turquía, en nome quen busca coñecemento en todas partes ” dixo Katherine Maher, directora executiva da Fundación Wikimedia.

Imaxe da portada: Wikimedia Foundation [CC BY-SA]
Máis información no blogue de Wikimedia Españá

Pin It on Pinterest

Share This