O proxecto GNU Radio liberou unha nova versión despois de máis 6 anos dende a anterior.
A nova versión é a 3.8 e será a última en ter soporte para Python 2, tamén conta con diversas actualizacións tecnolóxicas como a migración de Qt4 a Qt5 ou o uso do estándar C++ 11.
GNU Radio é unha ferramenta libre para o procesado de sinais que se emprega fundamentalmente para sistemas de radio e é unha das que difunde SDR Galicia nos seus obradoiros sobre a Definición de Radio por Software.

Pin It on Pinterest

Share This