Xa está dispoñible o programa de xornada colaboraTIC.gal

Luns, 6 Xuño 2016

Como xa se anunciou previamente, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), están a organizar colaboraTIC.gal, unha xornada para difundir entre o sector empresarial o software libre e as posibilidades de colaboración e novas vías de financiamento para proxectos que empreguen tecnoloxías libres.

Logo da xornada

Como vos informamos no seu día, o encontro terá lugar o 17 de xuño na Sala Eisenman da Cidade da Cultura. Constará de dúas partes:

  • “Vén escoitar”, centrada na exposición e presentación de boas prácticas no eido da colaboración entre o software libre e o tecido empresarial. Prazo de inscrición ata o día do evento, só limitado polo aforo.

  • “Vén falar e intercambiar”, en formato de speed-dating para favorecer encontros entre empresas de diferentes sectores fomentando a apertura de miras á hora de buscar colaboracións, clientes, provedores, etc. sempre en torno ao uso de tecnoloxías libres. Prazo de solicitude ata o 12 de xuño.

Vén falar e intercambiar

Só poderán asistir ao speed-dating aquelas empresas/proxectos seleccionados de entre as solicitudes recibidas conforme ás bases publicadas. O prazo de presentación de empresas/proxectos para participar nesta parte amplíase ata o vindeiro 12 de xuño. Non deixedes escapar a oportunidade de coñecer empresas coas que colaborar nos vosos proxectos innovadores.

De todas as solicitudes recibidas seleccionaranse 10 empresas/proxectos de software libre e 10 empresas/proxectos doutros eidos, que participarán no speed-dating.

Por parte do sector das tecnoloxías abertas poden presentarse representantes de empresas galegas (e profesionais autónomos) desenvolvedoras e/ou comercializadoras de solucións en código aberto.

Por parte do resto de sectores (non pertencentes ao sector tecnolóxico en sentido estrito) poden participar representantes de empresas galegas (e profesionais autónomos) dos sectores produtivos galegos que consideren que as tecnoloxías libres poden ser un bo aliado para o desenvolvemento de proxectos e accións conxuntas favorecendo así a súa transformación dixital.

Vén escoitar

Esta parte, que se celebrará durante toda a mañá do 17 de xuño, será inaugurada por Dna.Mar Pereira, Directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e D. Xavier Castaño, Presidente de AGASOL.

Posteriromente contará cunha serie de mesas de experiencias, moderadas por Juan Freire. O obxectivo destas mesas é amosar outras formas de desenvolver proxectos baseados en swl, máis aló do estritamente empresarial. Hai outras formas de emprender en swl, todas elas co traballo en comunidade como nexo en común. Esta sesión de mañá culminará cun xantar de networking.

O programa e participantes desta xornada de experiencias son os seguintes:

  • 9:45-10:45 – Mesa 1: relacións cliente-proveedor, casos de éxito.
    • Desenvolvemento de proxectos para gran distribución, o caso de Alfresco e Queres. Victor Fariña
    • SWL polos aires: o caso de Aena e Librebit. Carlos Rodríguez
    • Turismo, patrimonio e tecnoloxías abertas. A colaboración entre unha empresa de Desenvolvemento Local e Turismo (Deloga, con Antón Pernas) e unha empresa tecnolóxica (Innoto, con Simón Neira) para o proxecto GEOZZY.
  • 10:45-11:30 – Mesa 2: Cooperativismo e swl.
    • O caso de Tagen-Ata. Iván Servia e Cristina Gomis Parada.
    • Modelos de participación cidadá e swl: o caso de Cidadanía. Antón Insua.
  • 11:30-12:00 – Pausa – café
  • 12:00-12:45 – Mesa 3: modelos alternativos de financiamento de proxectos.
  • 12:45-13:30 – Modelos de colaboración empresariais e comunidades de swl.
  • 13:30-15:00 – Xantar networking

A asistencia á xornada é libre e gratuíta previa inscrición, só limitada polo aforo dispolible, podendo asistir calquera persoa interesada en coñecer novos modelos de colaboración e traballo entre o eido das tecnoloxías abertas e outros sectores empresariais.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal