Xa está dispoñible LibreOffice 7.0.4

Martes, 22 Decembro 2020

A Document Foundation puxo á disposición de todo o mundo a nova versión de LibreOffice da serie 7.x, a número 7.0.4.

Esta nova versión continúa coa mellora na compatibilidade cos formatos de Microsoft Office e conta coas tradicionais correccións de erros que nesta versión ascenden a 110 fallos corrixidos. Pese a todas estas melloras, os desenvolvedores continúan a recomendar o uso de LibreOffice 6.4.x para contornas empresariais ou todas aquelas que precisen un sistema máis seguro e estable e que poida contar incluso con soporte por parte dos parceiros de LibreOffice, polo que a nova versión só está aconsellada para todas as persoas entusiastas que queiran probar e contar coas últimas novidades.

Máis información.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal