A Consejería de Educación de la Comunidad de Madrid presenta a nova versión da súa propia distribución, MAX, MAdrid_linuX, MAX 3.0, un sistema operativo con versións de servidor, cliente e nano, versión reducida para dispositivos USB, e con aplicacións de código aberto.
 

Púxose especial énfase en incorporar todas aquelas aplicacións necesarias para impartir os contidos de Informática incorporados nos currículums de ensino non universitario e aquelas aplicacións educativas e contornos de desenvolvemento que permitan, ao profesorado non especialista, a utilización, a elaboración e distribución de contidos educativos en formato dixital.

Esta versión da distribución, MAX 3.0, incorpora o sistema operativo e un conxunto de aplicacións didácticas, respectando ao máximo a configuración dos equipos informáticos dos posibles usuarios, así coma a súa eventual convivencia con outros sistemas xa instalados.

Coma en versións anteriores, MAX 3.0 inclúe un sistema denominado DiscTree que permite instalar aplicacións de Software Libre noutro sistema operativo como Windows XP. Para iso bastará con introducir o DVD de MAX 3.0 no lector de DVD desde Windows.

Pin It on Pinterest

Share This