WordPress Coruña: ¡Vivamos como blogueros!

Xoves, 6 Febreiro 2020

O xoves 13 de febreiro, en horario de 19.00 a 21.00, terá lugar unha nova edición de WordPress Coruña “¡Vivamos como blogueros!”

A reunión será no local de Hack a Boss.

¡Vivamos como blogueros!

Manolo Rodríguez, xornalista e responsable da estratexia de redes sociais do xornal A Opinión A Coruña. Ademais, imparte charlas sobre blogues, redes sociais, márketing dixital, marca persoal, etc.

Como teñen que ser os titulares dos artigos dun blogue para que sexan máis lidos?
Cal é o formato para titular un post?
Sabes a fórmula (case) infalible para un titular?
Como hai que escribir un artigo dun blogue?
Cal debe de ser a extensión? Sabes escribir frases coma se fosen música?

Estas e outras preguntas responderaas Manolo Rodríguez na súa charla “Vivamos como blogueros”.

Programa

19:00 – 19:15 Check-in
19:15 – 20:00 “Vivamos como blogueiros” – Manolo Rodríguez
20:00 – 20:30 Networking

WordPress Coruña

As reunións de WordPress Coruña son un punto de encontro para principiantes e profesionais de toda Galicia que queren aprender sobre WordPress, desenvolvemento, deseño, optimización web…

O obxetivo é difundir coñecementos sobre este CMS de código aberto e dar a oportunidade a asistentes e relatores de compartir as súas experiencias.

As xornadas son gratuítas e teñen lugar na cidade da Coruña.

Se queres estar informado sobre as actividades de WordPress Coruña, podes seguilos nas súas redes:
Instagram: @wordpress_ coruna
Twitter: @wordpresscoruna

Máis información na web do meetup do evento.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal