A WordCamp 2019 de Pontevedra reunirá preto de 300 persoas arredor do proxecto libre WordPress a fin de semana do 21 e 22 de setembro na Facultade de Ciencias
Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra.

Durante este evento terán lugar cerca de 30 actividades de diferentes tipos, niveis e extensións repartidas en dous “tracks” simultáneos o sábado, mentres que o domingo será especial por tratarse da celebración do Día do Contribuidor no que toda persoa participante aprenderá a colaborar co proxecto de WordPress en diversas tarefas como poden ser a tradución e localización, o soporte, deseño, marketing ou desenvolvemento.

Tamén relacionado coa temática o venres 20 ás 18:30 haberá un coloquio titulado “Emprende con WordPress” enmarcado na serie de eventos Pont-Up Store e que terá lugar na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

O rexistro ao evento xa está aberto e está dispoñible nesta ligazón mediante a compra de entradas dende 25 €, prezo que podería ser de 10€ no caso de estudantes universitarios ao aberto do convenio existente entre a Universidade de Vigo e a WordPress Foundation grazas ao cal se reservan 55 entradas para este colectivo.

Pin It on Pinterest

Share This