O xoves 27 de maio, terá lugar o obradoiro en liña organizado por SmartPeme, “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet II”, para saber como montar unha tenda en liña. Impartirá o obradoiro María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas.

Woocommerce

Se necesitas construír un sitio web de comercio electrónico, Woocommerce é unha das plataforma máis populares do mundo, personalizable e de software libre, construída sobre WordPress.

Engadindo o plugin Woocommerce a calquera sitio de WordPress, poderemos crear unha nova tenda en poucos minutos de forma gratuíta e ter estatísticas en tempo real das ventas. Woocommerce é totalmente personalizable, co cal poderás vender desde clases de ximnasia ata coches de luxo.

Poderás engadir características e funcionalidades coas extensións oficiais de Woocommerce desde o seu Marketplace. E tamén poderás dirixir a túa tenda desde calquera lugar do planeta, coa aplicación Woocommerce Mobile para dispositivos móbiles (Android e iOS).

En resumo, poderemos deseñar un sitio de venda en liña atractivo, profesional e que responda ás necesidades dos nosos clientes, optimizado para dispositivos móbiles e crear o escaparate perfecto para a túa marca sen necesidade de coñecementos informáticos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This