O deseño do escritorio de Wikipedia e outros proxectos da Fundación Wikimedia non viron ningún cambio substancial nos últimos 10 anos.

A Fundación Wikimedia comezou un proxecto para mellorar o escritorio de Wikipedia, co obxectivo de crear unha experiencia máis acolledora nos seus proxectos, independentemente da súa formación ou nivel de experiencia cos sitios de Wikimedia. Os próximos cambios no escritorio inclúen un logo reconfigurado, unha barra lateral pregable, un índice de contidos e moito máis.

Se todo vai ben, estas melloras serán as predeterminadas en todos as wikis a finais de 2021, coincidindo coas celebracións do 20º aniversario de Wikipedia. Podedes ver o listado de todas as melloras nesta ligazón.

Máis información na web de wikimedia

Pin It on Pinterest

Share This