Wikimedia Foundation decidiu oficialmente trasladar os seus repositorios de código a unha instalación Gitlab Community Edition propia, a partir de outubro.

A Fundación Wikimedia recoñece que o fluxo de traballo de Gerrit (sistema anterior usado para xestionar os repositorios de código) é en moitos sentidos o mellor da súa clase, pero “a súa interface adoece de deficiencias de usabilidade e o seu fluxo de traballo difire das prácticas habituais da industria.”

GitLab CE é unha plataforma de desenvolvemento de software de código aberto con control de versións integrado, seguimento de problemas, revisión de código e outras características interesantes. Os repositorios aloxados en GitLab reflectiranse en GitHub, por motivos de visibilidade, escribiu o grupo de traballo de Wikimedia.

Pin It on Pinterest

Share This