A asociación sen ánimo de lucro Wikimedia España foi declarada entidade de utilidade pública polo Ministerio de Interior segundo resolución do «BOE» núm. 43, do 19 de febreiro de 2021.

Esta noticia supón un recoñecemento ao labor desenvolto nos últimos 10 anos polas persoas asociadas e o equipo de Wikimedia España en defensa do coñecemento libre e os proxectos Wikimedia.

Wikimedia España

Wikimedia España promove, preserva e difunde o coñecemento libre e os proxectos Wikimedia, sendo Wikipedia o máis coñecido. A organización traballa para mellorar a accesibilidade, o uso e a participación en Wikipedia e os seus proxectos irmáns, tanto a nivel social como institucional.

Existen outros once proxectos colaborativos de coñecemento libre na rede. Por exemplo, Wikidata, unha base de datos estruturada; ou Wikimedia Commons, o repositorio multimedia libre máis grande do mundo.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This