Ata o 30 de novembro ten lugar o Wiki Loves Folk 2019, concurso de fotografía para mellorar os contidos visuais sobre o folclore, as festividades populares e a cultura popular en Wikimedia Commons, repositorio de imaxes e vídeos libre.

Calquera persoa pode subir un número ilimitado de fotografías, a condición de que sexa a autora das mesmas. Os 3 premiados recibirán un vale de compra de material fotográfico por importe de 300, 200 ou 100 euros. Bases completas do concurso.
Máis información

E tamén anunciáronse as imaxes gañadoras de Wiki Loves Monuments 2019.

En Wikimedia España dedicaron a competición deste ano para documentar bens inmobles protexidos ou inventariados.
Este ano, unhas 200 persoas liberaron máis de 8700 imaxes. Podedes ver as 10 imaxes finalistas, que competirán na fase internacional do concurso, e as 3 gañadoras da edición española nesta web.

Primer premio e imaxe da portada:
Imaxe de Pacodonderis con licenza CC BY-SA 4.0, desde Wikimedia Commons

Pin It on Pinterest

Share This