Wikimedia España organiza a sexta edición do concurso fotográfico Wiki Loves Earth, que en 2020 celebrarase durante o mes xullo. O seu obxectivo é documentar, preservar e poñer en valor espazos e áreas naturais protexidos.

Un concurso para amantes da natureza:
Trátase de compartir fotografías orixinais, tomadas entre o 1 e o 31 de xullo ou con anterioridade, subíndoas ao repositorio multimedia Wikimedia Commons cunha licenza libre. Estas imaxes, despois, servirán para ilustrar artigos en Wikipedia e poderán utilizarse noutras plataformas. O fin último é potenciar a presenza do patrimonio natural e a biodiversidade na internet, facéndoos accesibles a calquera persoa con conexión á rede.

Para participar, basta con abrir unha conta en Wikimedia Commons e subir as imaxes seguindo os pasos descritos na páxina do concurso.

Imaxe de portada: Brumas del San Juan de Vaikra.Ana / CC BY-SA (https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0). Imaxe finalista de WLE 2019.

Máis información na nova de wikimedia

Pin It on Pinterest

Share This