doc.ubuntu-es.org é o novo wiki de documentación onde toda a comunidade hispana poderá colaborar e introducir documentación, así como participar en varios proxectos que están en marcha.
O wiki será enlazado dende todas as seccións de documentación das páxina de LoCo teams hispanos e pretende centralizar o traballo de todas as persoas que fan a documentación. Os obxectivos deste sitio son os seguintes:
-
Crear e albergar toda a documentación “Oficial” de Ubuntu en español e mantela actualizada…
-
Ofrecer aos usuarios de Ubuntu que se inician nesta distribución non só documentación técnica, se non unha visión ampla sobre o que é o movemento e a filosofía do Software Libre, a importancia do emprego de estándares e unha información completa sobre a situación actual de temas que afectan a comunidade.
-
Servir como guía, apoio e axuda as comunidades locais hispanas (LoCos).
-
Ter un sitio en español onde albergar proxectos hispanos en marcha, como C.U.P.I.E, ou a distrohispana entre outros.