Durante as datas do 2 ao 4 de outubro celébrase na cidade da Coruña a 9ª edición do Web Engines Hackfest, evento que conta cunha importante presencia internacional dos actores máis representativos no panorama da construción de plataformas web. Relevantes figuras tecnolóxicas da industria web de organizacións coma Apple, Collabora, Goggle, Huawei, Mozilla e Red Hat colaborarán estes días na Coruña nun encontro con marcado formato informal onde os asistentes mesturarán pequenas charlas e relatorios con traballos en pequenos grupos có obxectivo de discutir o estado actual da tecnoloxía, os problemas nos que se está a traballar, novidades e ideas para o futuro.

A empresa galega Igalia é a responsable de organizar e promover este evento, no que participan ademais Collabora e Mozilla, e que vén acollendo nas súas oficinas dende o seu inicio no ano 2009. Sergio Villar, socio, traballador de Igalia e tamén un recoñecido enxeñeiro web polo seu traballo na tecnoloxía CSS Grid Layout, incluída recentemente en todos os navegadores web mais espallados a nivel mundial, fálanos da importancia do evento: “No meu caso particular, na actualidade estou a desenvolver o soporte de WebVR en WebKit. Durante o Web Engines Hackfest voume reunir co equipo de WebVR de Mozilla, que xa fixo ese camiño con anterioridade. A súa experiencia serame moi útil para o meu traballo” e engade que “independentemente da localización, o evento é moi interesante porque permite que hackers de diferentes browsers traballen man a man por uns días”. Sergio tamén celebra que serva para “xerar interese na tecnoloxía a nivel local” sendo iso un aliciente positivo para continuares a súa celebración aquí en Galicia tendo eso a importante que ten a nivel de visibilidade da nosa rexión.

A pesares da existencia de eventos de maior tamaño, estes están enfocados a navegadores específicos, o Web Engines Hackfest, é posiblemente o meirande dos baseados na cooperación e difusión de coñecemento entre enxeñeiros que traballan en todos os distintas tecnoloxías dos navegadores actuais: portings de WebKit, Multimedia, Media Source, Streams API, Layout, MathML, Graphics, Fonts, Servo, Epiphany.

A selección de participantes, como en anteriores ocasións, fíxose a través de invitación persoal e involucrou a personalidades concretas que forman parte da comunidade de desenvolvemento da Web Platform. Sergio Villar reflexiona acerca da participación de este ano: “Temos representación da meirande parte dos xigantes da tecnoloxía hoxe en día, Apple, Google, LG, Samsung, Intel, Sony … ademais do equipo de Browsers de Igalia”. Todos eles desempeñan o seu día a día na mellora e desenvolvemento dos motores web Blink, WebKit, Gecko e Servo. Todos eles, importantes movementos de Software Libre. Este ano o evento continuará a medrar e superará o record de asistencia rexistrada no evento do ano pasado. 63 recoñecidos enxeñeiros das mellores empresas adicadas as tecnoloxías web que estarán estes días pola cidade herculina.

Sergio Villar intúe un futuro moi prometedor para o Web Engines Hackfest, “non fai moito o evento reunía a pouco máis dunha ducia de persoas. Este anos somos máis de 60 e tivemos que deixar a xente fora por motivos loxísticos. Así que definitivamente o futuro do evento véxoo moi prometedor e con grandes expectativas de crecemento nos próximos anos”.

Historia do Web Engines HackFest

Orixinalmente, o evento Web Engines Hackfest adoitábase a chamar WebkitGTK+ Hackfest no seu orixe mais eso cambou a partires do 2009. Na propia web do evento podes atopar as charlas da anterior edición celebrada en outubro do ano pasado e tamén referencias á evolución histórica do evento ao longo de todos estes anos (2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015).

O Web Engines Hackfest é unha idea impulsada dende os seus inicios por Igalia. A compañía coruñesa de Software Libre tamén está a celebrar durante estes días na rede o seu 16º aniversario, conta xa con 60 traballadores (a maioría socios), mantendo o seu crecemento, con clientes nos Estados Unidos, Europa e Asia.

Pin It on Pinterest

Share This